Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


9 dic 2013

A misteriosa tormenta hexagonal de Saturno.

A Nasa publicou o primeiro vídeo de alta resolución da misteriosa tormenta hexagonal no polo norte de Saturno.
 O vídeo fíxose coas imaxes aportadas pola misión Cassini que orbita Saturno para estudar este planeta e os seus satélites.
É a primeira oportunidade de ver a misteriosa tormenta saturnal de forma tan detallada, en todo o seu esplendor. Cando Cassini chegou en 2004 o polo norte estaba a oscuras e agora, grazas ao cambio das tempadas no planeta, está iluminado polo Sol.
Vese claramente o xigante 'ollo' no centro, que é unhas 50 veces máis grande que calquera furacán terrestre. Ao seu redor vense vórtices máis pequenos. Algúns deles xiran no sentido das agullas do reloxo, pero o 'ollo' e a fronteira hexagonal xiran en sentido contrario. O maior destes torbellinos ten uns 3.500 quilómetros de ancho, dúas veces máis que os furacáns máis grandes da Terra.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.