Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas

16 ene 2015

Puzzles e máis puzzles

Gústache poñer a proba a túa intelixencia? Nesta páxina tes moitísimos puzzles para enredar. Clica na imaxe e verás!
http://www2.stetson.edu/~efriedma/puzzle.html

24 nov 2014

Outra forma de repasar







Botádelle unha ollada a esta web AMOLASMATES onde atoparedes un montón de actividades e explicacións de contidos matemáticos (como non!) c
lasificados por niveis, xogos, curiosidades,...







20 ago 2014

Proba a nenos de Primaria

Pregúntanlles cal é o número da praza que ocupa o coche nese aparcamento e eles constestan ao instante. E ti?

15 jun 2014

Papiroflexia

Aqui temos un tutorial feito por Mª José Martínez Debén para aprender a facer os poliedros regulares con papel. Anímate, empeza polo máis sinxelo (o tetraedro) e seguro que chegarás a facer o icosaedro. Clica na imaxe e... inténtao!
 http://prezi.com/ezyjiptkcewb/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

1 nov 2013

Páxina de entretemento matemático.

Podes pasar un bo rato tratando de resolver os acertixos desta páxina.
http://estatusquasar.com/
Bótalle unha ollada, clicando na imaxe.

28 oct 2013

Mati e as súas mateaventuras




Bótalle un ollo a "Mati y sus mateaventuras" e descubrirás a través desta profe de mates creada por Clara Grima (textos) e Raquel García (ilustracións), unha ciencia entretida e moi fácil de entender. Clica na imaxe e escolle aventura: descubrir a esencia da Física Cuántica con Gauss (un can), codificar un mensaxe co Código de César, ...


9 oct 2013

Un de porcentaxes

En el blog "The Dude Minds…about math" propoñen o seguinte problema:
Un acuario contén 200 peixes, dos cales o 99% son vermellos. Queremos conseguir que só o 98% dos peixes sexan vermellos, eliminando só alguns desta cor. ¿Cantos peixes vermellos deben sacarse do acuario?

 A resposta en ZTFNews.org, clicando na imaxe.



25 ene 2013

Proba a fabricar un tangram

Queres saber máis deste xogo?
Para construílo precísas un anaco dun material algo ríxido. Escolle unha plantilla e inventa distintas figuras. 

Neste enlace atoparás plantillas para fabricar o teu propio tangram.