Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


Mostrando entradas con la etiqueta Estatística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Estatística. Mostrar todas las entradas

4 oct 2015

Matemáticas e ADN

Estes días o Instituto de Ciencias Forenses e a Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela foron noticia porque grazas a un traballo conxunto conseguíuse resolver un caso criminal.
O instituto forense efectuou unha investigación na que utilizaron 80 marcadores xenéticos que puidieran determinar estadísticamente a orixe bioxeográfica da mostra e 20 marcadores que conducisen a uhna indicación das características físicas do individuo ao que pertence a mostra.
Estes datos foron introducidos nun programa de cálculo matemático e determinouse a orixe norteafricana do individuo en cuestión.
O programa, desenvolto polos expertos da facultad compostelana José Antonio Álvarez Dios, María de los Ángeles Casares e Antonio Gómez, é  utilizado en todo o mundo no campo da xenética forense.

8 dic 2014

Órbita Laika

Estrenan en La 2 un programa de ciencia conducido por Ángel Martín onde, dun xeito ameno, aprendemos algo. Bótalle unha ollada!

12 ago 2014

A fórmula da felicidade

Non, non é a fórmula para conseguila. Vedes como hai que ser precisos coa linguaxe?
É unha formula para saber o grao de felicidade que vas ter e sei que niso inflúen o estado de ánimo como as expectativas que tes. Non temos a fórmula nin información de primeira man, pero se queredes saber máis, podedes clicar para ir ao artículo da Gaceta.
http://www.gaceta.es/noticias/formula-matematica-felicidad-08082014-1059

6 sept 2013

Gráficos estatísticos nos medios

Ás veces  non se utilizan axeitadamente os gráficos estatísticos. En Televisión Española incluiron este gráfico para indicar a evolución do paro desde Febreiro a Agosto do 2013. A qué parece que case quedamos sen parados?



 
Esta é unha forma máis seria de reflexar a situación. 

4 ago 2013

Media ou mediana

No programa La Sexta Noche do 3 de agosto do 2013  comparaban o soldo dos banqueiros cos dos demais cidadans e para iso recollían estes datos:

Por que cres que consideraban o soldo mediano? Cal te parece mellor para comparar?

19 jun 2013

Web Unicoos

Aí podes atopar vídeos explicando como se fan exercicios de Matemáticas, Física e Química. Clica na imaxe e mira os contidos que traballan no teu nivel (hai para 2º, 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Universidade).

15 abr 2013

Aclarar ou enganar?

Usamos os gráficos estadísticos para que a información nos entre polos ollos e sexa facilmente comprensible. Paréceche que este gráfico estatístico está ben feito? Cumpre os obxectivos fixados?