Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


Mostrando entradas con la etiqueta Calendarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Calendarios. Mostrar todas las entradas

18 jul 2013

Descubren en Escocia un calendario con 10000 anos de antigüidade

Un equipo de arqueólogos británicos descubriu o que creen é o calendario máis antiguo do mundo, creado por sociedades de cazadores-recolectores arredor do ano 8.000 a. C.

Trátase dun monumento mesolítico (era entre o Paleolítico e o Neolítico) excavado en Aberdeenshire, Escocia, en 2004, por expertos da U. de Birmingham, e consiste nunha serie de 12 ocos que parecen imitar as fases da Lúa e os meses lunares. Segundo os expertos, ten cinco mil anos máis co calendario mesopotámico, ata agora considerado o máis antiguo do mundo.
Clica na imaxe se queres coñecer máis detalles desta noticia.

primer calendario historia

6 feb 2013

Hoxe é...

Por que medimos o tempo en semanas, meses e anos? A propia evolución da especie fai que o home, busque a maneira de contar o tempo. Tratábase de predicir as distintas estacións para poder cultivar as terra, facer as guerras,...Non tiñan nin a información nin os instrumentos de medición que temos agora pero foron axustando, facendo unha mestura entre realidade e relixión.  
Aquí tes unha visión xeral dos calendarios usados nas distintas civilizacións: os exipcios, mesopotámicos,...
Para o que utilizamos nós, o gregoriano, engadimos, máis abaixo, unha presentación especial.

5 feb 2013

Que día da semana naciches?

Foi luns? Foi sábado? Ao mellor non é unha cuestión importantísima pero o caso é que a un monxe, no século XIX, preocupoulle o suficiente para adicar o seu tempo a inventar unha fórmula que permite sabelo.