Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


8 nov 2013

Os códigos QR

En moitos anuncios, na prensa ou en carteis pola rúa, podemos atopar uns cadrados "pixelados" de cores negro e branco. Son códigos QR (quick response, «código de resposta rápida») e sirven para almacenar información. Foron creados por unha compañia xaponesa (Denso Wave) en 1994 e  caracterízanse polos tres cadrados que teñen nas esquinas que permiten detectar a posición ao programa-lector. Estanse a facer moi populares porque permiten almacenar moita máis información que nun código de barras clásico.



Se tes un instalado un programa-lector no teu teléfono, achégate á pregunta que temos agochada neste código (moi pequeno) :


E se non sabes a resposta, neste outro atoparás a solución (mediano):

Ti tamén podes xerar códigos qr. Nos o fixemos seguindo as sinxelas instrucións que indican na paxina web a que irás se clicas na imaxe.
http://www.codigos-qr.com/generador-de-codigos-qr/


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.