Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


10 nov 2013

Profesor Letona do 8 de novembro

Aquí temos a solución á pregunta sobre a cifra das unidades do producto dos primos menores que mil.




Escóitaa e faite, como nos, fan do profesor Letona (os venres ás 7 en rne ou clica neste enlace para acceder ao programa á carta).

8 nov 2013

Os códigos QR

En moitos anuncios, na prensa ou en carteis pola rúa, podemos atopar uns cadrados "pixelados" de cores negro e branco. Son códigos QR (quick response, «código de resposta rápida») e sirven para almacenar información. Foron creados por unha compañia xaponesa (Denso Wave) en 1994 e  caracterízanse polos tres cadrados que teñen nas esquinas que permiten detectar a posición ao programa-lector. Estanse a facer moi populares porque permiten almacenar moita máis información que nun código de barras clásico.



Se tes un instalado un programa-lector no teu teléfono, achégate á pregunta que temos agochada neste código (moi pequeno) :


E se non sabes a resposta, neste outro atoparás a solución (mediano):

Ti tamén podes xerar códigos qr. Nos o fixemos seguindo as sinxelas instrucións que indican na paxina web a que irás se clicas na imaxe.
http://www.codigos-qr.com/generador-de-codigos-qr/


1 nov 2013

Páxina de entretemento matemático.

Podes pasar un bo rato tratando de resolver os acertixos desta páxina.
http://estatusquasar.com/
Bótalle unha ollada, clicando na imaxe.

O profesor Letona, o infinito e o produto dos primos menores que mil

 
Escoita ao profesor Letona, que colabora todos os venres en RNE (no programa "Esto me suena. Las tardes del Ciudadano García), falando do infinito, do gúgol e do gúgolplex, de Hilbert e as súas habitacións de hotel,...Ademais resolve a súa pregunta semanal e fainos a nova. Nesta ocasión, cal é a cifra das unidades do número que resulta de multiplicar os primos menores que mil.