Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


13 oct 2013

Algo xigantesco? Un gúgol. Máis grande? Un gúgolplex. E hai máis...


Un gúgol é un 1 seguido de cen ceros, ou o que é o mesmo, en notación científica, uno por dez á cen:
1 gúgol = 10100 = 1 · 10100 =
= 10 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000 000

Creouno un matemático, Edward Kasner (1878–1955)), para ilustrar a diferencia entre "un número inimaxinablemente grande" e "o infinito" e  foi o seu sobriño, daquela con 9 anos, o que lle puxo ese nome.

E a pesares de que non conta nada ( non hai nada tan grande no universo), e de que non ten moitos usos prácticos, está presente na nosa vida cotiá. Adiviñade en que pensaron Larry Page e Sergey Brin cando buscaban un nome para o seu buscador. Pois si, ían chamalo Googol (o gúgol en inglés), pero, debido a un erro de ortografía de Larry, acabou chamándose Google.


E entón, un gúgolplex? Parece que o matemático Kasner non quedou satisfeito coa "grandeza" do gúgol e inventou o gúgolplex (googolplex), que é un 1 seguido dun gúgol de ceros, isto é, 10 elevado á gugol-ésima potencia:

1 gúgolplex = 101 gúgol                  
Como o seu "irmán pequeno", o gúgolplex non ten moitas aplicacións prácticas pero o atopamos en series tan coñecidas como Phineas e Ferb (é o nome do centro comercial da serie, suponse que pola variedade de cousas que se poden atopar nel).


E o cine da cidade de Springfield onde viven os Simpson tamén se chama «Googolplex», indicando, seguramente, que "ten" moitas salas (a terminación «plex» indica a cantidade de salas dun cine; por exemplo un cine 11-plex ten 11 salas).



Da mesma forma, o gúgolduplex (googolduplex) é un 1 seguido de gúgolplex ceros.
Vaia, isto pode seguir...

Se o mundo gúgol captou a túa atención e queres facerte unha idea da súa magnitude, mira na wikipedia.



 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.