Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


18 jul 2013

Descubren en Escocia un calendario con 10000 anos de antigüidade

Un equipo de arqueólogos británicos descubriu o que creen é o calendario máis antiguo do mundo, creado por sociedades de cazadores-recolectores arredor do ano 8.000 a. C.

Trátase dun monumento mesolítico (era entre o Paleolítico e o Neolítico) excavado en Aberdeenshire, Escocia, en 2004, por expertos da U. de Birmingham, e consiste nunha serie de 12 ocos que parecen imitar as fases da Lúa e os meses lunares. Segundo os expertos, ten cinco mil anos máis co calendario mesopotámico, ata agora considerado o máis antiguo do mundo.
Clica na imaxe se queres coñecer máis detalles desta noticia.

primer calendario historia

26 jun 2013

Táboa do 4

Un grupo de alumnas de 1º de ESO (Iria, Ana, Sheila, Rocío e Nerea) do Instituto Alfredo Brañas de Carballo fixeron este vídeo para axudar a aqueles que non saben a táboa do 4.

19 jun 2013

Web Unicoos

Aí podes atopar vídeos explicando como se fan exercicios de Matemáticas, Física e Química. Clica na imaxe e mira os contidos que traballan no teu nivel (hai para 2º, 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Universidade).

7 jun 2013

Probabilidade

Acusan a Troncho dun delito e Poncho ten que demostrar a súa inocencia. Conseguirano?
 

30 may 2013

Prioridade das operacións

Non deixes de ver este vídeo onde se derrota a un dragón usando a prioridade das operacións. E é que é un dragón moi especial...



 

16 may 2013

O sistema sexaxesimal

Por que empregamos un sistema de base 60?


A súa orixe é similar á do sistema decimal, é dicir, temos que remontarnos a unha forma de enumerar na cal se empregaban os dedos das mans. En zonas sumamente antigas, por exemplo, contábase  mediante un sinal co dedo polgar da man dereita cada unha das falanxes dos dedos que restaban desa mesma man e sempre se comezaba polo maimiño. Deste xeito podíase contar ata 12. Para lograr cifras superiores á mencionada, debíase levantar un dedo da man esquerda que estaba libre ata que se chegue a completar as sesenta unidades.

Reloxos matemáticos

Buscando reloxos con números romanos, atopamos  un montón tan curiosos coma este nun blog de nome Gaussianos. Vai mirar!

Webs de contido matemático

Na rede temos unha grande variedade de páxinas matemáticas, unhas máis lúdicas con xogos e outras orientadas á prepararnos en distintos temas.

Nesta web matematicas divertidas podes atopar acertixos, xogos, chistes,...Vai ver (fai click na imaxe).







Mostra a presenza das matemáticas  no noso mundo e na nosa vida, cun fin educativo e cultural. E especialmente interesante a sección adicada ao cine e as series de televisión






Páxina da Real Sociedade Matemática Española on podemos atopar entre outros  os seguintes temas: Retos matemáticos, Cultura e matemáticas, Exposicións virtuais,  Aplicacións matemáticas actuais,..




 

En Gaussianos podemos atopar problemas da Olimpiada Matemática, novas sobre demostracións de teoremas...


14 may 2013

Fotografía matemática

Apetéceche unha sesión de fotografía matemática? No Instituto Alfredo Brañas lévanse celebrado catro edicións dun concurso fotográfico matemático e neste enlace podes ver as fotos participantes (e as premiadas) de todas as edicións.

Simetría natural de Xián Villamar

Foto de Verónica Recarey

8 may 2013

Reloxos con números romanos

Observa estes reloxos.
Fixáraste que moitos destes reloxos usan IIII en vez de IV?

Non se sabe a ciencia certa o porqué pero neste enlace propoñen algunhas explicacións.


26 abr 2013

Táboa do nove

Que non sabes a táboa do nove? De verdade? Iso non pode ser. Mira o que fixeron Talía e os seu compañeiros para que a repases.

22 abr 2013

Un metro cadrado e un decímetro cadrado

Co afán de que quede claro o que son un metro cadrado e un decímetro cadrado, sacamos estas fotos.

Nesta foto Talía ten nas súas mans
 o metro cadrado que fixo con follas de periódico
E aquí ten un decímetro cadrado.

Hai diferencia, non? Cantos decímetros cadrados cres que caben no metro cadrado? 

19 abr 2013

Pitagorín ou pitagórico

Non sabes a diferencia? Un pitagorín, ademais de ser un personaxe de comic, é un "empollón" Pero, que é "ser un pitagórico"?. Podes descubrilo usando as túas dotes de investigador. Clica na imaxe de Pitagorín co seu amigo e comeza as pesquisas...


16 abr 2013

Xeometría na natureza

Atopas algo xeométrico neste peixe?


A xeometría e a arte

Todos coñecemos a gran vinculación entre a arte e a xeometría. Poderíamos poñer unha chea de exemplos. Esta vez escollemos o bonito cartel da Festa do Queixo de Friol deste ano. Podes ver algunha figura xeométrica?

15 abr 2013

Aclarar ou enganar?

Usamos os gráficos estadísticos para que a información nos entre polos ollos e sexa facilmente comprensible. Paréceche que este gráfico estatístico está ben feito? Cumpre os obxectivos fixados?

O cumpreanos de Euler

Queres coñecer mellor a este importante matemático? Preme na imaxe.




9 abr 2013

Os litros e os metros cúbicos


Ás veces NON PENSAMOS e facemos mal a equivalencia entre litros e unidades cúbicas. Sería conveniente que cada un de nos tivese unha referencia das magnitudes que usamos habitualmente para poder estimar e valorar o noso entorno. Saber a medida do noso palmo, a nosa altura,  dunha botella, o soldo medio, o número de habitantes dun lugar,... sérvenos para comparar e facernos unha idea do "descoñecido".

Estes sacos levan algo menos dun metro cúbico 

Esta botella leva 1 decímetro cúbico



















Podes  profundizar neste tema  aquí.