Matematéate
Ola!
Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.
Vén e divírtete con nós.
26 jun 2013
Táboa do 4
Un grupo de alumnas de 1º de ESO (Iria, Ana, Sheila, Rocío e Nerea) do Instituto Alfredo Brañas de Carballo fixeron este vídeo para axudar a aqueles que non saben a táboa do 4.
19 jun 2013
Web Unicoos
Aí podes atopar vídeos explicando como se fan exercicios de Matemáticas, Física e Química. Clica na imaxe e mira os contidos que traballan no teu nivel (hai para 2º, 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Universidade).
7 jun 2013
30 may 2013
Prioridade das operacións
Non deixes de ver este vídeo onde se derrota a un dragón usando a prioridade das operacións. E é que é un dragón moi especial...
16 may 2013
O sistema sexaxesimal
Por que empregamos un sistema de base 60?
A súa orixe é similar á do sistema decimal, é dicir, temos que remontarnos a unha forma de enumerar na cal se empregaban os dedos das mans. En zonas sumamente antigas, por exemplo, contábase mediante un sinal co dedo polgar da man dereita cada unha das falanxes dos dedos que restaban desa mesma man e sempre se comezaba polo maimiño. Deste xeito podíase contar ata 12. Para lograr cifras superiores á mencionada, debíase levantar un dedo da man esquerda que estaba libre ata que se chegue a completar as sesenta unidades.
A súa orixe é similar á do sistema decimal, é dicir, temos que remontarnos a unha forma de enumerar na cal se empregaban os dedos das mans. En zonas sumamente antigas, por exemplo, contábase mediante un sinal co dedo polgar da man dereita cada unha das falanxes dos dedos que restaban desa mesma man e sempre se comezaba polo maimiño. Deste xeito podíase contar ata 12. Para lograr cifras superiores á mencionada, debíase levantar un dedo da man esquerda que estaba libre ata que se chegue a completar as sesenta unidades.
Reloxos matemáticos
Buscando reloxos con números romanos, atopamos un montón tan curiosos coma este nun blog de nome Gaussianos. Vai mirar!


Webs de contido matemático
Na rede temos unha grande variedade de páxinas matemáticas, unhas máis lúdicas con xogos e outras orientadas á prepararnos en distintos temas.
Nesta web matematicas divertidas podes atopar acertixos, xogos, chistes,...Vai ver (fai click na imaxe).Mostra a presenza das matemáticas no noso mundo e na nosa vida, cun fin educativo e cultural. E especialmente interesante a sección adicada ao cine e as series de televisión
Páxina da Real Sociedade Matemática Española on podemos atopar entre outros os seguintes temas: Retos matemáticos, Cultura e matemáticas, Exposicións virtuais, Aplicacións matemáticas actuais,..
En Gaussianos podemos atopar problemas da Olimpiada Matemática, novas sobre demostracións de teoremas...
14 may 2013
Fotografía matemática
Apetéceche unha sesión de fotografía matemática? No Instituto Alfredo Brañas lévanse celebrado catro edicións dun concurso fotográfico matemático e neste enlace podes ver as fotos participantes (e as premiadas) de todas as edicións.
![]() | |
| Simetría natural de Xián Villamar |
| Foto de Verónica Recarey |
8 may 2013
Reloxos con números romanos
Observa estes reloxos.
Fixáraste que moitos destes reloxos usan IIII en vez de IV?
Non se sabe a ciencia certa o porqué pero neste enlace propoñen algunhas explicacións.
26 abr 2013
Táboa do nove
Que non sabes a táboa do nove? De verdade? Iso non pode ser. Mira o que fixeron Talía e os seu compañeiros para que a repases.
22 abr 2013
Un metro cadrado e un decímetro cadrado
Co afán de que quede claro o que son un metro cadrado e un decímetro cadrado, sacamos estas fotos.
![]() |
| Nesta foto Talía ten nas súas mans o metro cadrado que fixo con follas de periódico |
![]() |
| E aquí ten un decímetro cadrado. |
Hai diferencia, non? Cantos decímetros cadrados cres que caben no metro cadrado?
19 abr 2013
Pitagorín ou pitagórico
Non sabes a diferencia? Un pitagorín, ademais de ser un personaxe de comic, é un "empollón" Pero, que é "ser un pitagórico"?. Podes descubrilo usando as túas dotes de investigador. Clica na imaxe de Pitagorín co seu amigo e comeza as pesquisas...
16 abr 2013
A xeometría e a arte
Todos coñecemos a gran vinculación entre a arte e a xeometría. Poderíamos poñer unha chea de exemplos. Esta vez escollemos o bonito cartel da Festa do Queixo de Friol deste ano. Podes ver algunha figura xeométrica?
15 abr 2013
Aclarar ou enganar?
Usamos os gráficos estadísticos para que a información nos entre polos ollos e sexa facilmente comprensible. Paréceche que este gráfico estatístico está ben feito? Cumpre os obxectivos fixados?
9 abr 2013
Os litros e os metros cúbicos
Ás veces NON PENSAMOS e facemos mal a equivalencia entre litros e unidades cúbicas. Sería conveniente que cada un de nos tivese unha referencia das magnitudes que usamos habitualmente para poder estimar e valorar o noso entorno. Saber a medida do noso palmo, a nosa altura, dunha botella, o soldo medio, o número de habitantes dun lugar,... sérvenos para comparar e facernos unha idea do "descoñecido".
Podes profundizar neste tema aquí.
| Estes sacos levan algo menos dun metro cúbico |
| Esta botella leva 1 decímetro cúbico |
Podes profundizar neste tema aquí.
3 abr 2013
María Wonenburger
Preme para coñecer algún aspecto da vida desta gran matemática galega
Se desexas ler unha biografía máis detallada con fotos da súa vida podes facelo co seguinte vídeo:
Se desexas ler unha biografía máis detallada con fotos da súa vida podes facelo co seguinte vídeo:
O traballo é fundamental
Aquí tes a Elsa Punset falando con triunfadores que nos darán bos consellos.
Redes - La mirada de Elsa - El camino de las ideas creativas
4 mar 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




.jpg)







