Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


9 mar 2017

Mulleres matemáticas

Parece que non hai, verdade ? Le a noticia, que publicou o día da muller traballadora "El País", clicando na imaxe.


Taraji P. Henson dá vida á científica Katherine Johnson en 'Figuras ocultas'.

25 sept 2016

Un novo número primo

A principios do 2016 atopouse un novo número primo, el  M74207281. Clica na imaxe para saber algo máis.

A criba de Eratóstenes

Para ver o proceso que el siguió para seleccionar os primos menores que 120, clica aquí.
Clica na imaxe se queres saber algo máis deste matemático da antigüidade.

26 feb 2016

Mulleres científicas

http://www.upsocl.com/wp-content/uploads/2016/02/19.png

As matemáticas Betty Jean Jennings Bartik, Kathleen McNulty Mauchly Antonelli, Ruth Lichterman Teitelbaum, Frances Bilas Spence, Marlyn Wescoff Meltzer y Betty Snyder Holberton foron contratadas polol goberno dos Estados Unidos para pensar e escribir os programas de cálculo de trayectoria balística que debía realizar ENIAC, a primeira computadora. É dicir, os homes construiron o hardware e elas o software.
Se queres ler o artigo completo, clica aquí

24 nov 2015

Outro doodle matemático de Google: 200 anos do nacemento de Boole



Clica sobre a imaxe para ver o doodle e investiga por qué o traballo deste home de principios do século XVIII é tan importante para a era dixital.


4 oct 2015

Matemáticas e ADN

Estes días o Instituto de Ciencias Forenses e a Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela foron noticia porque grazas a un traballo conxunto conseguíuse resolver un caso criminal.
O instituto forense efectuou unha investigación na que utilizaron 80 marcadores xenéticos que puidieran determinar estadísticamente a orixe bioxeográfica da mostra e 20 marcadores que conducisen a uhna indicación das características físicas do individuo ao que pertence a mostra.
Estes datos foron introducidos nun programa de cálculo matemático e determinouse a orixe norteafricana do individuo en cuestión.
O programa, desenvolto polos expertos da facultad compostelana José Antonio Álvarez Dios, María de los Ángeles Casares e Antonio Gómez, é  utilizado en todo o mundo no campo da xenética forense.