Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


20 ago 2014

Proba a nenos de Primaria

Pregúntanlles cal é o número da praza que ocupa o coche nese aparcamento e eles constestan ao instante. E ti?

12 ago 2014

A fórmula da felicidade

Non, non é a fórmula para conseguila. Vedes como hai que ser precisos coa linguaxe?
É unha formula para saber o grao de felicidade que vas ter e sei que niso inflúen o estado de ánimo como as expectativas que tes. Non temos a fórmula nin información de primeira man, pero se queredes saber máis, podedes clicar para ir ao artículo da Gaceta.
http://www.gaceta.es/noticias/formula-matematica-felicidad-08082014-1059

4 ago 2014

180º aniversario do nacemento de John Venn

O 4 de agosto, John Venn, o dos diagramas de conxuntos, estaría de cumpreanos e Google fixo este doodle para celebralo. Clica na imaxe e verás interseccións de conxuntos cos ollos de google.
http://www.google.com/doodles/john-venns-180th-birthday