Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


8 dic 2014

Órbita Laika

Estrenan en La 2 un programa de ciencia conducido por Ángel Martín onde, dun xeito ameno, aprendemos algo. Bótalle unha ollada!

24 nov 2014

Erros televisivos

A ver se atopades o erro que cometen os guionistas de "Saber y ganar" (e tamén o concursante).
Pista: está `polo minuto 10.

Biografías

Para a Feira das Ciencias que celebramos no noso instituto este ano, preparamos unhas notas  das vidas dalgúns matemáticos (Tales, Pitágoras, Euclides, Eratóstenes, Arquímedes, Hipatia, Fibonacci, Galileo, Tartaglia, Descartes, Pascal, Newton, Euler, Rufinni e Gauss). Bótalles unha ollada!


Outra forma de repasar







Botádelle unha ollada a esta web AMOLASMATES onde atoparedes un montón de actividades e explicacións de contidos matemáticos (como non!) c
lasificados por niveis, xogos, curiosidades,...







A historia do número 1

A primeira representacion do número un  foi unha liña. <Isto sábese polo descobrimento dun oso marcado con 120 trazos. Así comeza a historia do número un, e neste documental relátanos as súas transformacións ao longo da historia.

20 ago 2014

Proba a nenos de Primaria

Pregúntanlles cal é o número da praza que ocupa o coche nese aparcamento e eles constestan ao instante. E ti?

12 ago 2014

A fórmula da felicidade

Non, non é a fórmula para conseguila. Vedes como hai que ser precisos coa linguaxe?
É unha formula para saber o grao de felicidade que vas ter e sei que niso inflúen o estado de ánimo como as expectativas que tes. Non temos a fórmula nin información de primeira man, pero se queredes saber máis, podedes clicar para ir ao artículo da Gaceta.
http://www.gaceta.es/noticias/formula-matematica-felicidad-08082014-1059

4 ago 2014

180º aniversario do nacemento de John Venn

O 4 de agosto, John Venn, o dos diagramas de conxuntos, estaría de cumpreanos e Google fixo este doodle para celebralo. Clica na imaxe e verás interseccións de conxuntos cos ollos de google.
http://www.google.com/doodles/john-venns-180th-birthday

15 jun 2014

Papiroflexia

Aqui temos un tutorial feito por Mª José Martínez Debén para aprender a facer os poliedros regulares con papel. Anímate, empeza polo máis sinxelo (o tetraedro) e seguro que chegarás a facer o icosaedro. Clica na imaxe e... inténtao!
 http://prezi.com/ezyjiptkcewb/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

9 jun 2014

O Teorema de Tales e Les Luthiers

Todos sabemos que a composición musical "ten moitas matemáticas detrás" pero, ademais, as matemáticas inspiran grandes letras. Deixámosvos aquí o enlace para repasar o teorema de Tales con Les Luthiers.
http://youtu.be/UbalEyegXbQ

Está na rede

Na rede hai moita información e non toda é fiable. Fixádevos no que atopamos buscando información sobre o círculo. Vedes algún erro?

24 may 2014

Os matemáticos da Antigua Grecia

Tedes aqui outro vídeo sobre os matemáticos gregos (en inglés, os que o precisen que lle poñan subtítulos), Clica na imaxe.

Monólogo sobre Fermat y Andrew Wiles

Vos deixamos aquí o enlace ao vídeo do terceiro premio do concurso de monólogos de FameLab (FameLab é un concurso internacional de monólogos científicos que naceu en 2005 grazas a unha idea orixinal do Festival de Cheltenham)que vai sobre estes dous matemáticos. Clica na imaxe.

http://youtu.be/3p1oirRSKOY


3 mar 2014

Juan José Nieto Roig

No suplemento YES (Ya Es Sábado) da Voz de Galicia aparece unha entrevista a o número dous do mundo en matemáticas (segundo Thomson Reuters) e este home tan importante é profesor  da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, naceu na Coruña e non sempre  sacou boas notas na materia... Da que pensar, eh? 
 

26 feb 2014

Coñece a grandes matemáticos un pouco máis

Preparamos, para a Feira das ciencias no noso instituto, algunhas notas biográficas de 15 grandes matemáticos (Tales, Pitágoras, Euclides, Eratóstenes, Arquímedes, Hipatia, Fibonacci, Tartaglia, Galileo, Newton, Pascal, Descartes, Euler, Gauss e Ruffini). Queres botarlles unha ollada? Preme na imaxe.
http://es.scribd.com/doc/209325788/15-biografias

7 ene 2014

Alan Turing e o logo de Apple

A finais do 2013 Alan Mathison Turing (1912-1954) foi noticia porque a raíña Isabel II de Inglaterra promulgou un edicto no que o exoneraba do cargo de homosexualidade polo que fora condenado 60 anos antes.
Este matemático, lóxicocriptógrafo e filósofo foi condenado en 1952 pola súa relación homosexual con un xoven de 19 anos. Anos antes descifrara o código Enigma dos nazis e desta maneira salvou miles de vidas.
Aínda que non chegou a ir ao cárcere (preferiu someterse ao tratamento de castración química), morreu dous anos despois, ao morder, non se sabe se accidentamente, unha mazá impregnada de cianuro.
Algunhas teorías aseguran que o logo de Apple, unha mazá mordida, é unha homenaxe a Turing. E que a bandeira arcoíris que anos atrás lucía ese logo era unha homenaxe á homosexualidade do matemático.