Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


20 feb 2013

Non saberemos o que é 1/3

Na área de descanso dunha autopista, atopamos un cartel con indicacións para prepararse un refresco. Chamounos a atención esta parte.
 Non saberemos nós o que é 1/3...

18 feb 2013

Fibonacci

Moi relacionada co número aúreo e coa natureza, está a sucesión de Fibonacci. Neste powerpoint podes aproximarte un pouquiño á figura deste matemático e á súa famosa sucesión.


8 feb 2013

Buenafuente e as matemáticas II


Esta é outra colaboración de Buenafuente a este blog. Temos a Leopoldo Abadía explicando as estafas piramidais. Fai click na imaxe para ver o vídeo.

Miniatura

7 feb 2013

Buenafuente e as matemáticas I

No 2007, o actor Santi Millán  foi promocionar a película "La habitación de Fermat" ao programa de Buenafuente e este fíxolle un test matemático...  Fai click na imaxe para ver o vídeo.

 Miniatura

6 feb 2013

Hoxe é...

Por que medimos o tempo en semanas, meses e anos? A propia evolución da especie fai que o home, busque a maneira de contar o tempo. Tratábase de predicir as distintas estacións para poder cultivar as terra, facer as guerras,...Non tiñan nin a información nin os instrumentos de medición que temos agora pero foron axustando, facendo unha mestura entre realidade e relixión.  
Aquí tes unha visión xeral dos calendarios usados nas distintas civilizacións: os exipcios, mesopotámicos,...
Para o que utilizamos nós, o gregoriano, engadimos, máis abaixo, unha presentación especial.

5 feb 2013

Que día da semana naciches?

Foi luns? Foi sábado? Ao mellor non é unha cuestión importantísima pero o caso é que a un monxe, no século XIX, preocupoulle o suficiente para adicar o seu tempo a inventar unha fórmula que permite sabelo.


2 feb 2013

Facendo Matemáticas

Unha sevillana, EVA GALLARDO, profesora de Análisise Matemático na Universidad Complutense de Madrid, resoveu, xunto a un profesor americano, Carl C. Cowen, o problema dos subespacios invariantes en Espacios de Hilbert. Esta é a entrevista que lle fixo Carles Francino no seu programa.



Os autores da demostración do teorema

1 feb 2013

Pi e Fi, dous irracionais con nome propio

Gustaríache coñecer mellor algún destes "irracionais" que andan por aí?

Presentámoste a dous dos mais famosos, o número "pi" e o número "fi". Entra e descubre como nos acompañan na nosa vida cotiá.