Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


4 oct 2015

Matemáticas e ADN

Estes días o Instituto de Ciencias Forenses e a Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela foron noticia porque grazas a un traballo conxunto conseguíuse resolver un caso criminal.
O instituto forense efectuou unha investigación na que utilizaron 80 marcadores xenéticos que puidieran determinar estadísticamente a orixe bioxeográfica da mostra e 20 marcadores que conducisen a uhna indicación das características físicas do individuo ao que pertence a mostra.
Estes datos foron introducidos nun programa de cálculo matemático e determinouse a orixe norteafricana do individuo en cuestión.
O programa, desenvolto polos expertos da facultad compostelana José Antonio Álvarez Dios, María de los Ángeles Casares e Antonio Gómez, é  utilizado en todo o mundo no campo da xenética forense.