Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


30 ago 2013

A copa de Pitágoras

En Lindos, na illa de Rodas fabrican estas copas que "castigan" ao bebedor ambicioso: se as enches de máis, valéiranse.


Clica na imaxe, se queres investigar este extraño asunto...

"A cociña vista cos ollos dun matemático" de Juan Guirado Granados

Unha confererencia para profesores moi amena onde podemos atopar ideas para transmitir as matemáticas aos nosos alumnos mediante os alimentos e a cociña.
Clica na imaxe e pasa un bo rato con Juan Guirado.

 


4 ago 2013

Media ou mediana

No programa La Sexta Noche do 3 de agosto do 2013  comparaban o soldo dos banqueiros cos dos demais cidadans e para iso recollían estes datos:

Por que cres que consideraban o soldo mediano? Cal te parece mellor para comparar?