Matematéate


Ola!



Neste blog atoparás curiosidades, actividades e xogos relacionados coas matemáticas.


Vén e divírtete con nós.


7 ene 2014

Alan Turing e o logo de Apple

A finais do 2013 Alan Mathison Turing (1912-1954) foi noticia porque a raíña Isabel II de Inglaterra promulgou un edicto no que o exoneraba do cargo de homosexualidade polo que fora condenado 60 anos antes.
Este matemático, lóxicocriptógrafo e filósofo foi condenado en 1952 pola súa relación homosexual con un xoven de 19 anos. Anos antes descifrara o código Enigma dos nazis e desta maneira salvou miles de vidas.
Aínda que non chegou a ir ao cárcere (preferiu someterse ao tratamento de castración química), morreu dous anos despois, ao morder, non se sabe se accidentamente, unha mazá impregnada de cianuro.
Algunhas teorías aseguran que o logo de Apple, unha mazá mordida, é unha homenaxe a Turing. E que a bandeira arcoíris que anos atrás lucía ese logo era unha homenaxe á homosexualidade do matemático.